Asociación Gallega de la Empresa Familiar | 26 actividades de coñecemento da empresa familiar galega en 2015
654
single,single-post,postid-654,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Jornada sobre la empresa familiar celebrada en sptiembre en el hotel Oca Puerta del Camino de Santiago.
Xornada sobre a empresa familiar celebrada en setembro no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago.

30 Dec 26 actividades de coñecemento da empresa familiar galega en 2015

21.12.2015

A Asociación Galega da Empresa Familiar desenvolveu durante o 2015 un total de 26 actividades baseadas no aumento da formación e do coñecemento dos seus empresarios, directivos e futuros directivos. Entre os encontros formativos destacan os realizados polo Forum Xoxes da Asociación, que mantivo xornadas de traballo con directivos do mundo financeiro, do sector do viño e as exposicións, con responsables da Axencia Tributaria sobre fiscalidade ou da Xunta sobre a situación actual e o futuro dos impostos de sucesións e doazóns.

A xunta directiva da Asociación Galega da Empresa Familiar centrou as súas actividades en encontros/coloquio con autoridades administrativas e outros empresarios familiares para debatir sobre a importancia da empresa familiar no desenvolvemento económico de Galicia.

No último dos encontros do ano, celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, indicou que “a Xunta vai seguir analizando con atención as propostas que proceden desta Asociación, porque é clave para Galicia. Aquí están as empresas, o tecido produtivo que naceu en Galicia, creceu en Galicia e que quere seguir estando en Galicia”.