Asociación Gallega de la Empresa Familiar | 18 anos con localización empresarial en Galicia
1994
post-template-default,single,single-post,postid-1994,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
De esquerda á dereita, Javier Solana, Víctor Nogueira e Alberto Núñez Feijoo, durante a XVIII Asemblea da asociación en Santiago.

03 Xuñ 18 anos con localización empresarial en Galicia Asemblea da Asociación Galega da Empresa Familiar

01.06.2018

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) celebrou hoxe a asemblea de socios da súa maioría de idade, na que os empresarios galegos renovaron o seu compromiso pola localización empresarial e a xeración de riqueza en Galicia.

Víctor Nogueira, presidente da asociación, agradeceu o apoio recibido por parte da Xunta de Galicia e constatou os beneficios para a sociedade de que o sector público e a empresa privada traballen complementariamente.

Nogueira remarcou a aposta de AGEF pola estabilidade e o obxectivo de crear riqueza, así como contribuí ao desenvolvemento territorial de Galicia. Ao mesmo tempo, abogou pola necesidade de “medidas que axuden a traer talento e novas inversións” e por una marco fiscal axeitado para que “a carga de impostos e sucesións non supoña unha barreira”. “A reforma e incluso a supresión destes impostos sería positivo para Galicia”, concluíu o presidente de AGEF.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou na inauguración da XVIII Asamblea Xeral de Socios da Asociación Galega da Empresa Familiar, na que eloxiou o papel das empresas de propiedade familiar na internacionalización das compañías galegas.

O presidente de Galicia destacou que o 90% das empresas familiares galegas están internacionalizadas, o que as converte na “proa da proxección exterior, da conquista de novos mercados e da presencia de Galicia en sectores económicos fundamentais en Europa, América e parte de Asia”. Feijóo suliñou que as empresas de propiedade familiar son “as responsables de que Galicia teña o mellor balance de exportacións da nosa historia”.

O presidente da Xunta fixo tamén referencia ao crecemento do 3,1% da economía galega no primeiro trimestre do ano, o que supón “tres trimestres consecutivos de crecemento superior ao 3%”, algo que Feijóo cualifica de “un logro colectivo do sentimento familiar que une a Galicia, tamén nas empresas”.

Javier Solana foi o de abrir a asemblea, cunha conferencia sobre a encrucillada histórica e as oportunidades de Europa. O ex ministro e ex secretario xeral da OTAN, analizou a importancia histórica do papel europeo no mundo e a necesidade de volver reconstruír un sentimento común na UE.