Asociación Gallega de la Empresa Familiar | 10 empresas españolas, entre as 500 familiares máis grandes do mundo
2205
post-template-default,single,single-post,postid-2205,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

10 empresas españolas, entre as 500 familiares máis grandes do mundo A galega Inditex figura no posto 62 do ránking global das compañías de propiedade familiar que máis ingresan

14 Xuñ 10 empresas españolas, entre as 500 familiares máis grandes do mundo A galega Inditex figura no posto 62 do ránking global das compañías de propiedade familiar que máis ingresan

14 de xuño de 2019. Dez empresas familiares españolas atópanse entre as 500 compañías de propiedade familiar que máis ingresan do mundo. Mercadona, Inditex, El Corte Inglés (estas tres sitúanse entre as 100 primeiras), Ferrovial, Corporación Gestamp, Acciona, Grupo Antolín, Técnicas Reunidas, Prosegur e Grupo OHL figuran na listaxe que elaboran conxuntamente a consultora Ernst & Young e a universidade suiza de St. Gallen.

Á téxtil galega Inditex, no posto 62, atribúenselle 24.305 millóns de euros de ingresos, un 6% máis que no mesmo informe do ano anterior, e un total de 162.450 empregados.

O informe salienta un aumento no número de empresas familiares europeas –que representan o 45% do total­–, de 224 rexistradas no 2017 a 230 este ano, “impulsado especialmente por novas incorporacións de compañías alemanas”.

“As empresas familiares son fundamentales para a economía mundial, e a súa saúde e crecemento son vitais para o benestar económico de cada país”, sinala o informe.

As compañías de bens de consumo son as que máis abundan entre as que máis ingresan do mundo (32%), seguidas das que se dedican á fabricación avanzada e mobilidade (24%), infraestruturas intelixentes (13%) e enerxía (10%).

A empresa media do ránking continúa a ser unha compañía duns 80 anos de existencia cuns ingresos de 13.166 millóns de euros e 48.920 empregados.

Por primeira vez, o índice inclúe datos sobre a composición e as características dos órganos de dirección. O 27% dos conselleiros das empresas familiares son membros da familia e só o 4% das empresas do ránking contan cunha muller ao mando, o 1% en Europa. O informe tamén indica que as empresas familiares menos grandes –as que ingresan menos de 2.637 millóns de euros– son máis propensas que as non familiares a teren unha muller como conselleira delegada.